Na mañá do próximo domingo día 16 de decembro de 2018, a Municipal Carballo Calero de Carballo será a pileta que acolla a terceira xornada da Liga Galega Máster de Natación grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte. Á cita carballesa acudirán un total de 119 nadadores e nadadoras, 47 mulleres e 72 homes, dos 13 clubs galegos que tomarán parte nesta terceira rolda ligueira no seu grupo sur. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos manter a terceira praza que ocupamos de maneira provisional con un equipo formado por tan só 15 nadadoras e nadadores, dos que 13 son homes, e as 2 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Carballo un total de 30 probas a título individual e 2 de remudas, dentro dun programa que inclúe nesta 1ª cita as probas dos 50 m costas e libres, os 100 m bolboreta, os 200 m braza e os 400 m estilos nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais da remuda dos 4x50 m estilos mixtos. Os informes de inscrición, o sumario de participantes e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma noticia.