O domingo día 18 de febreiro de 2024 a Piscina Municipal Carballo Calero acolle en Carballo a 3ª xornada da Liga Galega Máster no seu grupo outra sede. A competición contará coa presenza de 12 clubs e 86 nadadore-as, dos que 56 serán homes e as 30 restantes mulleres. A xornada desenvolverase nun turno de quecemento dende as 9:00 as 9:50 horas e outro turno de competición entre as 10:00 e as 13:00 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 200 metros bolboreta, os 100 metros costas e estilos e os 50 metros braza ademais das remudas dos 4x50 metros libres. Nesta terceira xornada @s de Carballo aliñaremos un equipo composto por 14 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 10 restantes á masculina; e mediremos forzas c@s 8 representantes do CN.Coruña, @s 5 da RSD.Hípica, @s 9 do CN.Arteixo, @s 9 do CNC.Santiago, @s 6 do CN.Culleredo, @s 9 do C.Hércules, @s 2 do CT.Coruña, @s 7 do CN.Ferrol, @s 13 do CN.Marina, @s 3 do Club do Mar e os 2 do CN.Ordes. A inscrición d@s nos@s e a lista de saídas xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Compre subliñar tamén que @s do Fogar imos 12ºª da provisional dos 28 equipos que estamos a tomar parte nesta liga galega de veteran@s.