Mañá domingo día 16 de abril de 2023 a Piscina Municipal da Frigsa en Lugo acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Máster na que competirán os clubs, Arzúa, Escualos, A Estrada, Fogar, Lugo, Monforte, Ourense, Portamiñá, Santiago e Xove. Logo das tres primeiras xornadas @s veteran@s de Carballo e Oleiros marchan 12ºª na clasificación conxunta dos 29 equipos que están a puntuar ata o de agora. Para esta terceira rolda aliñaremos un equipo composto por 14 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 10 restantes á masculina, mestres e mestras que nadarán as probas dos 50 metros costas e libres, os 100 metros bolboreta, os 200 metros braza, os 400 metros estilos e as substitucións dos 4x50 metros estilos. A inscrición dos nosos e a lista de saídas de mañá atópanse no apartado descargas máster desta mesma web.