A Piscina Municipal da Frigsa en Lugo acollerá mañá á mañan, a cuarta xornada da Liga Galega Máster de Natación. Á cita lucense acudirán un total de 104 nadadores e nadadoras, 45 mulleres e 59 homes, dos 11 clubs galegos que tomarán parte nesta rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender a terceira praza conxunta que ocupamos de maneira provisional cun equipo formado por tan só 14 nadadoras e nadadores, dos que 10 son homes, e as 4 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Lugo un total de 27 probas a título individual e 3 substitucións por equipos, dentro dun programa que inclúe nesta 4ª cita as probas dos 50 m braza e bolboreta, os 100 m costas e os 200 m libres e estilos nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais das substitucións dos 4x50 m estilos femininos e masculinos. A inscrición dos do Fogar e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta nos documentos adxuntos a esta mesma noticia.