A terceira xornada da Liga Galega Máster nádase en Santiago


 18 Febreiro, 2020   Máster 

A terceira xornada da Liga Galega Máster nádase en Santiago

Na mañá do vindeiro domingo día 23 de febreiro de 2020 a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela será a pileta que acolla a terceira xornada da Liga Galega de Natación Máster. Á cita compostelana acudirán un total de 112 nadadores e nadadoras, 42 mulleres e 70 homes, dos 17 clubs galegos que tomarán parte nesta terceira rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tócanos remontar a 7ª praza que ocupamos de maneira provisional logo dun dos arranques ligueiros máis frouxos das últimas tempadas. Difícil tarefa para un equipo formado por tan so 10 nadadores-as, das que 3 son mulleres e os 7 restantes homes; que nadarán na capital galega un total de 20 probas a título individual e tan so 1 substitución mixta, dentro dun programa que inclúe nesta ocasión as probas dos 50 m costas e libres, os 100 m bolboreta, os 200 m braza e 400 m estilos nas categorías feminina, masculina e mixta e a substitución dos 4x50 m estilos mixtos. Os informes de inscrición, o sumario de participantes e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma nova.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.