A última xornada da Liga Máster nádase o domingo en Santiago


 05 Maio, 2023   Máster 

A última xornada da Liga Máster nádase o domingo en Santiago

O vindeiro domingo día 7 de maio de 2023 a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acollerá a 5ª e última xornada da Liga Galega Máster. A competición desenvolverase nunha única sesión de mañá coa presenza de 13 clubs, Monforte, Fluvial, Portamiñá, Ordes, Pabellón, Escualos, A Estrada, Arzúa, Boiro, Riveira, Santiago, Galaico e Fogar. Para esta quinta rolda @s de Carballo e Oleiros aliñaremos un equipo composto por 13 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 9 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas dos 50 bolboreta e braza, os 100 costas e libres, os 200 estilos e as substitucións por equipos dos 4x50 libres. A nosa inscrición e a lista de saídas do domingo están dispoñibles no apartado de descargas máster desta mesma web; onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada 2022 - 2023 na que @s nos@s están a ocupar a 11ª praza dos 29 equipos que conforman a categoría.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.