A nadadora Elisa Pichel da AD. Fogar tomou parte estes días no Campionato de Europa de Natación Máster en piscina curta que está a celebrarse na localidade lusa de Madeira, https://mastersmadeira2023.com/. Elisa a pesar de non atopar as súas mellores sensacións na auga foi quen de callar outra brillante actuación a nivel internacional acadando unha medalla de bronce e un quinto posto no seu grupo de idade o de 35 a 39 anos. A medalla de bronce chegou o pasado domingo na proba dos 800 metros libres onde a carballesa parou o crono en 10'16''51 a dez segundos da gañadora da proba a italiana Marzia di Giovanni. No día de hoxe a do Fogar pechou a súa participación coa quinta praza nos 200 metros braza. Os resultados de Elisa Pichel podédelos consultar no apartado de descargas máster desta mesma web.