O vindeiro domingo día 30 de maio de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 5ª e derradeira xornada da Liga Galega Máster. A competición desenvolverase en dobre sesión de 9 a 11:30 horas con 46 nadadores-as en liza, e de 11:30 a 13:00 horas con outr@s 46. Como vén sendo habitual levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado por clubs. Para esta quinta xornada as da AD.Fogar aliñaremos un equipo composto por 13 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 9 restantes á masculina. @s nos@s medirán as súas forzas en primeiro turno c@s 9 nadadores-as do Santiago, @s 7 do Hércules, @s 4 do Culleredo, @os 4 do Arteixo, @s 4 da Hípica, @s 3 do Marina e @s 3 do USC. O programa de probas da xornada inclúe os 400 metros libres e os 50 metros bolboreta, costas e braza. A nosa inscrición, a lista de saídas e o protocolo anticovid para o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada 2020 - 2021 na que @s nos@s están a ocupar a 5ª praza dos 23 equipos que conforman a categoría.