A pasada fin de semana Carlos Iglesias Piñeiro representóunos en Pontevedra no XXIX Campionato de España Open Máster de Inverno, torneo que contou coa presenza de 161 clubs e o concurso de 1.330 Mestres, 794 homes e 536 mulleres. Carlos callou un moi bo concurso sumando dous topes dez e dúas mellores marcas do club na súa categoría a de 45 a 49 anos; noveno nos 100 braza, décimo nos 50 braza e mellores marcas do club nos 50 e os 100 braza +45. Os resultados do noso mestre están dispoñibles no apartado de descargas máster desta mesma web. Ademáis podedes consultar tamén todo o referente a este Campionato de España Open de Natación Máster de Inverno na seguinte ligazón federativa: https://rfen.es/es/section/web-resultados-master-invierno-2024