Catro d@s nos@s acoden ao XXVI Nacional Máster de Inverno


 06 Abril, 2021   Máster 

Catro d@s nos@s acoden ao XXVI Nacional Máster de Inverno

Castelló engalánase para a celebración da XXVI edición do Campionato de España de Inverno de Natación Master (8-11 de abril) que acollerá a 610 nadadores (373 homes e 237 mulleres) de 110 clubs aínda que, iso si, con todos os protocolos anti Covid-19 plenamente activados en canto a accesos circulacións e competición burbulla sen público. Nesta ocasión, o programa reduciuse ao 50%, con só 16 probas das 32 habituais, ademais, non haberá probas de substitucións por equipos. Na nosa representación acoden a Castelló, Cora Vinagre (+30 anos) que nadará os 200 costas e os 400 libres,  Elisa Pichel (+35 anos) que fará o propio nos 200 braza e os 400 libres, Josué Pantoja (+40 anos) que tomará parte nos 50 braza e os 100 libres e Manuel Verdes (+20 anos) que o fará nos 50 braza, os 50 costas e os 100 estilos; tod@s eles-as con serias opcións de podio. Na páxina web da RFEN podédes ampliar toda a información relativa a este nacional máster de inverno na ligazón: https://rfen.es/es/section/web-master-invierno-2021. Ademais no apartado de descargas máster desta mesma web tedes a nosa inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.