Sete Mestres e Mestras da A.D.Fogar desputaron os pasados 8 e 9 de xuño na Piscina Municipal Rosario Dueñas en Ourense, unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán, torneo no que @s nos@s pechaban a tempada facéndose cun botín de cinco medallas, unha delas de ouro, outra de prata e tres de bronce. A título individual @s nadadores-as máis lauread@s foron desta volta, Isabel Pereira da categoría +60 anos con 1 ouro nos 100 costas e 1 bronce nos 50 costas; Alberto Tomé da categoría +55 anos con 1 prata nos 200 bolboreta e 1 bronce nos 100 costas e María Barca da categoría +25 anos con 1 bronce nos 50 braza. Por equipos fomos 25ª na categoría feminina, 19º na masculina e 22º conxuntos dos 29 equipos e @s 378 nadadores-as que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Verán poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.