Desde o pasado xoves día 7 de febreiro e ata onte, celebrábase na pileta Rías Do Sur en Pontevedra o Campionato de España Open de Natación Máster de Inverno que contaba co concurso de 147 clubs e a participación de 1.173 nadadores, 709 homes e 464 mulleres, entre eles os nosos dous únicos representantes, Cora Vinagre e César Pose. Cora na súa categoría de 30 a 34 anos nadaba catro probas individuais entre o venres e o sábado para ser 4ª nos 200 costas, 6ª nos 100 costas, 7ª nos 400 libres e 14ª nos 200 libres; pechando así unha actuación máis que impecable. Pola súa banda César da categoría de 35 a 39 anos concentraba a súa participación na xornada do domingo para ser 13º nos 200 metros braza e 19º nos 100 bolboreta. Os resultados dos mestres de Carballo e Oleiros están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web. Ademais podedes consultar tamén todo o referente a este Campionato de España Open de Natación Máster de Inverno na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/invierno-master-2019