Dez medallas para @s nos@s no Galego Máster de Verán


 07 Xuño, 2023   Máster 

Dez medallas para @s nos@s no Galego Máster de Verán

Dez Mestres-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros desputaban os pasados 3 e 4 de xuño na Municipal Rosario Dueñas de Ourense unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán, torneo no que @s nos@s facíanse cun botín de dez medallas, oito delas de prata e outras dúas de bronce. A título individual @s nadadores-as máis lauread@s foron desta volta, María Rodríguez da categoría +50 con 3 pratas nos 50 e 100 libres e os 50 bolboreta; Alberto Tomé da categoría +55 con 2 pratas nos 100 bolboreta e os 200 estilos; Isabel Pereira da categoría +60 con 1 prata nos 200 costas e 1 bronce nos 100 costas; Andrea Eiris da categoría +30 e Francelina Da Graca da categoría +35 con 1 prata cada unha nos 100 libres e Juan Gende da categoría +50 con 1 bronce nos 100 costas. Por equipos fomos 15ª na categoría feminina, 18º na masculina e 16º conxuntos dos 26 equipos e @s 427 nadadores-as que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Verán poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.