O pasado domingo día 10 de marzo, a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acolleu o Campionato Galego de Fondo e "XV Memorial Gerardo Steudel" para a categoría Máster en sesións de mañán e tarde; torneo que contou coa presenza de 23 equipos e o concurso de 123 nadadores e nadadoras da nosa comunidade, 73 homes e 50 mulleres. No mesmo os nosos tres representantes acadaron un botín de dúas medallas de prata e un 7º posto. Deste xeito Alberto Cotelo na categoría de +35 anos e Alberto Tomé na de +55 facíase coas 2 medallas na proba dos 800 metros libres, mentres que César Pose rematou 7º nos 1500 metros libres na categoría de +40 anos. Na clasificación por equipos masculinos os da AD.Fogar de Carballo fomos desta volta 12º. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.