Elisa Pichel voltará a representar á AD.Fogar nun Campionato de Europa de Natación Máster, desta volta na localidade lusa de Madeira onde tomarán parte máis de 1000 deportistas. A nadadora carballesa máis laureada de todos os tempos participará nas probas dos 800 metros libres o domingo día 19 de novembro e tamén nos 200 metros braza o martes día 21 de novembro. Precisamente nesta proba dos 200 metros braza, Elisa Pichel figuraba antes da pandemia entre as 10 mellores nadadoras do mundo da súa categoría, ainda que na illa de Madeira estará unha vez máis entre as favoritas a loitar polas medallas nas dúas probas. Todo o referente a este Campionato de Europa Máster de Natación en Piscina Curta pode consultarse na seguinte ligazón https://www.len.eu/sports/masters/