Elisa Pichel Garcia de Seárez (1984) unha das nosas Mestras máis laureadas a nivel nacional, desprázase esta fin de semana ata a localidade asturiana de Oviedo para representar a AD.Fogar de Carballo e Oleiros no III Campionato de España Open Máster de Fondo que se disputa do 7 ao 9 de febreiro na Piscina Parque del Oeste. O torneo nacional contará coa presenza de 72 clubs que estarán representados por 362 nadadoras-es, d@s que 216 son homes e 146 mulleres; e un programa que inclúe 3 probas, os 800, os 1.500 e os 3.000 metros libres. A participación está reservada a nadadoras e nadadores que teñan acreditadas ás marcas mínimas establecidas. Elisa que nadará os 3.000 metros libres o venres día 7 de febreiro, acredita a mellor marca nacional do seu grupo de idade o de 35 a 39 anos, e por tanto será a rival a batir na loita polo títalo de Campioa de España. Toda a información referente a este Campionato Nacional de Fondo Máster pódese consultar na web da Real Federación Española de Natación na ligazón https://rfen.es/es/section/web-cto-espana-master-de-fondo-2020