A nadadora Elisa Pichel da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaba parte a semana pasada no Campionato de Europa de Natación Máster que se celebraba en Eslovenia, https:// www. emc2018. com/. Elisa callou outra brillante actuación a nivel internacional con dous top 10 no seu grupo de idade o de 30 a 34 anos, un como 10ª clasificada e mellor española na proba dos 400 metros libres, con récord galego incluído ao pase dos 200 metros e outro como 10ª e 3ª española na proba de augas abertas sobre a distancia de 3000 metros. Ademais nos 800 metros libres Elisa era 12ª e tamén a mellor representante nacional. Na proba de augas abertas participaba tamén Nicolás Pichel que finalizaba na 43ª praza do grupo de idade de 35 a 39 anos. Os resultados dos nosos mestres poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.