Elisa Pichel Garcia de Seárez (1984) representounos onte no III Campionato de España Open Máster de Fondo que se está a disputar esta fin de semana na Piscina Parque del Oeste en Oviedo. O torneo nacional conta coa presenza de 72 clubs representados por 362 nadadoras-es, d@s que 216 son homes e 146 mulleres; e un programa de probas que inclúe os 800, os 1.500 e os 3.000 metros libres. Elisa nadou onte pola tarde os 3.000 metros libres, proba na que posúe o record nacional da categoría dos 30 aos 34 anos, e na sumaba ao seu palmarés outro título de Campioa de España Máster, desta volta na categoría de 35 a 39 anos; e o facía con autoridade avantaxando á segunda clasificada en casi catro minutos. A nadadora do Fogar batía tamén as mellores marcas galegas da súa categoría nas distancias dos 800, 1500 e os 3000 metros libres. Toda a información referente a este Campionato Nacional de Fondo Máster pódese consultar na web da Real Federación Española de Natación na ligazón https://rfen.es/es/section/web-cto-espana-master-de-fondo-2020; ademais no apartado descargas máster desta mesma web podedes consultar os resultados da proba.