Ferrol acolle o domingo a 4ª Xornada da Liga Galega Máster


 14 Abril, 2021   Máster 

Ferrol acolle o domingo a 4ª Xornada da Liga Galega Máster

O vindeiro domingo día 18 de abril de 2021 a Piscina Municipal Javier Gómez Noya do barrio ferrolán de Caranza, acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Máster no seu Grupo Norte. Logo da terceira xornada desputada en Carballo, @s nos@s veteran@s marchan 5º na clasificación masculina, 4ª na feminina e 4º tamén na conxunta de 22 equipos. Precisamente en Carballo, Manuel Verdes (cat +20 anos) batía a mellor marca galega e do club nos 50 costas e as mellores marcas do club nos 50 e 100 bolboreta e nos 400 estilos. Batían tamén as mellores marcas do club, Pablo Balsa (+25 anos) nos 400 estilos; Elisa Pichel (+35 anos) nos 100 bolboreta e Josué Pantoja (+40 anos), María Rodríguez (+45 anos) e Isabel Pereira (+60 anos) nos 50 libres. Nesta cuarta rolda tomarán parte 8 d@s nos@s nadadoras-es, das cales 2 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas dos 50 metros braza e bolboreta, os 100 metros libres e costas e os 200 metros estilos. A inscrición d@s nos@s e a lista de saídas para o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.