O noso nadador máster da categoría dos 50 aos 54 anos, Julio Martínez, tomou parte a pasada fin de semana na praia Fluvial de A Freixa, en Ponteareas; no Campionato Galego de Natación en Augas Abertas, última etapa puntuable tamén para o Circuíto Galego da modalidade. Julio gañou con total autoridade esta última proba do calendario proclamándose Campión Galego e Campión do Circuíto Galego na categoría máster 3. Para facerse co circuíto, ao noso chegoulle con participar en 5 das 11 etapas do mesmo e das que gañou dúas, noutras dúas foi 2º e noutra 4º. Os resultados da etapa final de Ponteareas e máis a clasificación do Circuíto Galego de Augas Abertas están a vosa disposición no apartado de descargas máster desta mesma web.