Julio Martínez acode ao Nacional Open de Inverno Máster


 05 Febreiro, 2025   Máster 

Julio Martínez acode ao Nacional Open de Inverno Máster

Julio E. Martínez Fajardo será o noso único representante en Oviedo con motivo da disputa do XXX Campionato de España de Natación Máster de Inverno e no que tomarán parte desde mañá e ata o vindeiro domingo, un total de 195 clubs e 1811 nadadores-as, dos que 1076 son homes e as outras 735 son mulleres. O noso representante que pertence á categoría de 55 a 59 anos, nadará os 400 metros libres na xornada de mañá, os 100 metros bolboreta na do venres, os 400 metros estilos o sábado e pechará campionato coa proba dos 200 metros bolboreta na xornada do domingo. Podedes seguir todo o relacionado co evento na seguinte ligazón federativa: https://rfen.es/especialidades/master/section/web-master-invierno-2025/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.