Julio E. Martínez Fajardo desprazábase no día de onte ata Sedaví en Valencia, para tomar parte no XXXI Campionato de España de Natación Máster de Verán no que están a competir esta fin de semana 133 clubs e 885 nadadores (532 homes e 353 mulleres). O noso representante volveu callar un gran torneo tras rematar na cuarta praza da proba dos 200 metros bolboreta establecendo unha nova mellor marca galega e por detrás de Ciro Gutiérrez do Metropole, de Adolfo Ortíz do Hospitalet e de Esteban Andújar do Albacete; a tan só un banzo do poio da categoría dos 50 aos 54 anos. Julio participou tamén nos 200 metros estilos individual, proba na que foi 13º dos 24 inscritos. Como valor engadido cabe subliñar que este ano por mor da covid, o límite de participación para o campionato estableceuse nun máximo de 24 nadadores-as por proba e categoría, prevalecendo as mellores marcas de inscrición. Os resultados do noso representante neste XXXI Campionato de España de Natación Máster de Verán están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Ademais podedes consultar tamén todo o referente a este evento na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/master-verano-2021