Mañá domingo día 28 de novembro de 2021 a Piscina Municipal da Frigsa en Lugo acollerá a 2ª xornada da Liga Galega Máster para os clubs encadrados na Zona Norte. Logo da primeira xornada desputada en Carballo @s nos@s veteranos marchan 3º na clasificación masculina, 10ª na feminina e 5º na conxunta. Tamén en Carballo, Isabel Pereira (cat +60 anos) batía as mellores marcas do clube nos 50 braza e os 200 costas e Julio Martínez (cat +50 anos) facía o propio nos 200 bolboreta. Para esta segunda rolda aliñaremos un equipo composto por 12 nadadoras-es, das cales 3 pertencen á categoría feminina e os 9 restantes á masculina e nadarán as probas dos 50 metros costas e bolboreta, os 200 metros libres e os 100 metros braza, ademáis das substitucións dos 4x50 libres. A inscrición dos nosos e a lista de saídas para o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada.