Onte domingo día 8 de marzo de 2020 a Piscina Municipal de Santa Isabel en Santiago acollía en sesións de mañán e tarde, o Campionato Galego de Fondo e "XI Memorial Gerardo Steudel" en categoría Máster; proba que contaba coa presenza de 24 equipos e o concurso de 169 nadadores e nadadoras. A participación dos Mestres de Carballo e Oleiros saldabase con 3 medallas e 4 mellores marcas do club. Julio Martínez na proba dos 1500m libres sumaba a medalla de prata e a mellor marca do club na categoría +50 anos. Juan Méndez sumaba a medalla de prata dos 1500m libres e as mellores marcas do club nos 400, 800 e 1500 metros libres na categoría +65 anos. Alberto Tomé alzábase coa 3ª medalla de prata para os do Fogar nos 800m libres da categoría +50 anos. Por equipos fomos 10º clasificados na categoría masculina e 13º conxuntos. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.