A pasada fin de semana o Centro Deportivo Río Esgueva de Valladolid, acollía o IV Campionato de España de Natación de Fondo Máster; proba que contaba coa presenza de 82 clubs representados por 300 nadadoras-es, d@s que 185 eran homes e 115 eran mulleres. No mesmo @s Mestres-as de Carballo e Oleiros facíanse cun botín de 2 medallas e acadaban outras 2 mellores marcas do clube. Elisa Pichel revalidaba o venres o seu títalo de Campioa de España na proba dos 3.000 metros libres na categoría de 35 a 39 anos e acadaba unha nova mellor marca do clube nesta distancia. Cora Vinagre na categoría dos 30 a 34 anos acadaba o domingo o bronce nos 800 metros libres; mentres que Julio Martínez establecía o sábado unha nova mellor marca do clube na categoría dos 50 a 54 anos na proba dos 1500 metros libres onde era 11º. Na clasificación por equipos fomos 63º masculinos, 27ª femininas e 42º conxuntos. Os resultados d@s nos@s Mestres-as neste Campionato de España de Natación de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.