O pasado domingo día 26 de maio o lago de As Pontes acolleu o Campionato Galego Open de Augas Abertas Xunta de Galicia para as categorías alevín, infantil, júnior 1 e 2, sénior e máster; torneo que contou co concurso de 206 nadadores e nadadoras. Sobre unha distancia de 2.500 metros @s nos@s dous representantes másters acadaron un botín de dúas medallas. Ouro para Elisa Pichel no grupo das maiores de 40 anos cun tempo de 36'28'', sendo a primeira nadadora en completar o percorrido de entre todas as participantes da categoría feminina máster. Bronce de Pablo Carro na categoría para maiores de 50 anos que o día do seu retorno ao club nadou a distancia en 36'06''. Os resultados d@s nos@s mestres-as neste Campionato Galego de Augas Abertas Xunta de Galicia podedes consultalos no apartado de descargas máster desta mesma web.