O pasado domingo día 12 de marzo, a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acollía o Campionato Galego de Fondo e "XIV Memorial Gerardo Steudel" para a categoría Máster en sesións de mañán e tarde; torneo que contou coa presenza de 22 equipos e o concurso de 136 nadadores e nadadoras da nosa comunidade, 83 homes e 53 mulleres. No mesmo os nosos dous únicos representantes acadaban un botín de unha medalla de prata e un cuarto posto. Deste xeito Alberto Tomé facíase coa medalla de prata na categoría para maiores de 55 anos na proba dos 800 metros libres e César Pose remataba 4º nos 1500 metros libres na categoría de +35 anos. Na clasificación por equipos masculinos os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros fomos 11º. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.