A Piscina Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela acollerá mañá á mañan, a derradeira xornada da Liga Galega de Natación Máster. Á cita acudirán un total de 111 nadadores e nadadoras, 48 mulleres e 63 homes, dos 15 clubs galegos que tomarán parte nesta rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender a quinta praza conxunta que ocupamos de maneira provisional cun equipo formado por tan só 12 nadadoras e nadadores, dos que 8 son homes, e as 4 restantes mulleres. Os nosos mestres nadarán en Santiago un total de 24 probas a título individual e 2 substitucións por equipos, dentro dun programa que inclúe nesta 5ª cita as probas dos 50 metros bolboreta, costas e braza, e os 100 metros libres nas categorías feminina e masculina, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres mixtos. O sumario de participantes, as inscricións e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta no documento adxunto a esta mesma nova.