O vindeiro sábado día 23 de abril de 2022 a Piscina Municipal de Santa Isabel acollerá en Santiago a 4ª xornada da Liga Galega Máster para os clubs encadrados na Zona Norte. Logo da terceira xornada desputada en Lugo @s nos@s veteranos marchan 6º na clasificación masculina, 16ª na feminina e 9º/ª na conxunta dos 27 equipos participantes (CLASIFICACIONS). Nesta cuarta rolda tomarán parte 7 nadadores, todos eles pertencentes á categoría masculina. O programa da xornada inclúe as probas dos 50 metros braza, os 100 metros costas e libres e os 200 metros estilos, ademáis das substitucións dos 4x100 libres mixtos. A inscrición dos nosos e a lista de saídas para o sábado tédelas a vosa disposición no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada 2021-2022.