O pasado sábado día 9 de novembro de 2024 a Piscina Municipal de Riazor acolleu na cidade herculina a 1ª xornada da Liga Galega Máster nun dos seus grupos. Nesta primeira xornada @s de Carballo e Oleiros tomamos parte cun equipo composto por 13 nadadoras-es, 6 mulleres e 7 homes e medimos forzas c@s representantes do CN.Coruña, C.Mar, RSD.Hípica, SC.Casino, CN.Arteixo, CNC.Santiago, CN.Culleredo, C.Hércules, CN.Ordes, CN.Galaico, CN.Boiro e Pons Vetus. Na xornada nadáronse as probas individuais dos 400 libres, os 50 bolboreta, costas, braza e libres, os 100 estilos e para rematar a substitución mixta dos 4x50 metros libres. Victor Tato nos 400 libres da categoría +45, Carlos Iglesias nos 100 estilos +45 e Alberto Tomé nos 100 estilos +55, bateron as mellores marcas do club. Os resultados desta primeira rolda están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Compre salientar tamén que a pasada tempada @s do Fogar fomos 11º dos 32 equipos que tomamos parte na liga galega de veteran@s.