A pasada fin de semana o Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra, acollía o XXVII Campionato de España de Natación Máster de Inverno que contaba coa presenza de 1.253 nadadores e nadadoras (780 homes e 473 mulleres) en representación de 161 clubs. No mesmo @s Mestres-as de Carballo e Oleiros facíanse cun botín de 1 medalla de bronce, 2 mellores marcas galegas e outras 5 do clube. Desta volta o nadador máis laureado foi Julio Martínez, bronce na proba dos 200 metros bolboreta con récord galego e do club na categoría de 50 a 54 anos e 4º clasificado co récord galego e do club nos 100 bolboreta. Boa actuación tamén de Carlos Iglesias na categoría dos 45 aos 49 anos mellorando as marcas do clube nos 100 e 200 metros libres e os 50 braza, proba na que ramatou 6º. Pola súa banda Cora Vinagre que por problemas persoais solo puido desputar unha das catro probas nas que fiuguraba foi 8ª nos 400 metros libres dos 30 aos 35 anos. No referente á clasificación por equipos fomos 84º masculinos, 106ª femininas e 106ºª conxunt@s. Os resultados d@s nos@s Mestres-as neste Campionato de España de Natación de Inverno de Pontevedra poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.