Hoxe á tarde despútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo a 1ª xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C. A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e cun aforo total de 190 persoas entre nadadores-as (148), técnic@s e delegad@s (22) e o xurado e persoal de competición (20). A xornada desenvolverase en dúas quendas de quecemento (15:30 a 16:10 e 16:15 a 16:55 horas) e unha soa quenda de competición (17:00 a 20:00 horas). Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 24 nadadoras-es, das cales 17 pertencen á categoría feminina e os 7 restantes á masculina; que medirán as súas forzas c@s 12 representantes do CN.Coruña, @s 12 do C.Mar, @s 8 do S.Casino, @s 5 do CN.Riveira, @s 24 do CN.Arteixo, @s 11 do CN.Liceo, @s 26 do C.Santiago, @s 13 do CN.Culleredo, @s 9 do M.Artabria e @s 4 do CN.Arzúa. O programa de probas da xornada inclúe os 50 libres, os 100 bolboreta, os 200 costas, os 1500 libres, os 100 estilos, os 200 braza e os 200 libres. A inscrición d@s nos@s, a lista de saídas e o protocolo anticovid xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Compre salientar tamén que a pasada tempada os de Carballo e Oleiros fomos 10º dos 27 equipos que tomaron parte na liga.