Manuel Verdes Collazo viaxa hoxe ao Nacional Absoluto de Xixón


 13 Novembro, 2019   Natación 

 Manuel Verdes Collazo viaxa hoxe ao Nacional Absoluto de Xixón

Manuel Verdes Collazo e o seu adestrador Héctor García Soto, desprázanse hoxe a Xixón con motivo da disputa en terras astures do LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno que se celebrará nas instalacións do CN. Santa Olaya desde mañá día 14 e ata o vindeiro domingo día 17 de novembro en piscina curta (25 metros). A máxima competición nacional contará coa presenza de 131 clubs e 556 nadadores-as, 307 mozos e 249 mozas. O noso único representante nadará neste seu primeiro Campionato de España Absoluto, a proba dos 50 metros braza e farao na xornada de mañá cara ás 10:15 horas nas eliminatorias matinais. Toda a información relativa ao LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno de Xixón en piscina curta podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/web-natacion-invierno-p25-19-20

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.