A pasada fin de semana Álvaro Lavandeira, Anxo Fuentefría e Carlos Casal, representáronnos no Campionato de España de Natación Infantil de Inverno celebrado nas instalacións co Club Natación Terrasa, lugar onde se deron cita 210 clubs e 509 nadadoras e nadadores. O máis destacado dos nosos foron desta volta os concursos de Anxo e máis Carlos. Anxo Fuentefría na categoría conxunta infantil nadou 2 finais A e 1 final B, nas que acadou a medalla de bronce nos 200 braza, o 5º posto nos 100 braza e o 16º nos 200 estilos. Anxo bateu ademáis a mellor marca absoluta do club nos 200 braza e as de 15 anos nos 50, 100 e 200 braza, mellorando tamén os seus propios rexistros. Carlos Casal foi outro dos protagonistas, final B nos 200 braza o que lle valeu para ser 20º infantil e 4º dos de 14 anos mellorando a súa marca. Carlos bateu tamén o mellor rexistro do club de 14 anos e o seu persoal nos 50 braza, proba na que foi 11º da súa idade. Os resultados dos nosos podédelos atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. A vindeira cita para os do Fogar de Carballo e Oleiros será a derradeira xornada preliminar da Liga Galega de Clubs de 1ª División a celebrar na Carballo Calero de Carballo o vindeiro sábado día 23 de marzo. CLASIFICACIÓNS Fase Preliminar