Onte celebrouse na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo o XVI Campionato Galego de Natación de Longa Distancia con 44 nadadores e outras 44 nadadoras en representación de 18 clubs da nosa comunidade. Pola mañán nadouse a proba dos 2.000 metros libres nas categorías infantil masculina e feminina, categoría esta última na que nos representaban Nana Suárez (2005) que se facía coa medalla de bronce e a mellor marca do clube dos 14 anos ao seu pase polos 1.500 metros; e Lucía Romanelli (2006) que remataba a proba na 23ª praza. Pola tarde nadouse a proba dos 3.000 metros libres júnior 1, 2 e sénior nas categorías feminina e masculina e na que tamén tivemos representación cos concursos do júnior-1 Miguel Abelenda (2004) que se fixo co 6º posto e 4 mellores marca do club (800 e 1.500 libres 15 anos e 3.000 libres 15 anos e absoluta); e o sénior Adrián Haz (2000) que remataba 5º da súa categoría. No que a clasificación por equipos se refire fomos 8º masculinos, 10 femininos e 8º conxuntos dos 18 equipos inscritos. Os resultados deste Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina podedes consultalo na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1995