A pasada fin de semana Jorge Souto, Manuel Souto e Paulo Rivas, representaron a AD.Fogar de Carballo e Oleiros no Campionato de España de Natación Infantil de Verán celebrado nas instalacións co Club Natación Sabadell, lugar onde se citaron 265 clubs entre os que movilizaron a 599 nadadoras e 557 nadadores. O máis destacado dos nosos foi desta volta o concurso de Paulo Rivas na categoría dos 15 anos, que foi quen de meterse na final dos 200 bolboreta cunha mellor marca persoal de 2:19.07 coa que batía tamén o record do club da categoría; final na que remataba 10º cun tempo de 2:19.58. Paulo melloraba tamén as súas marcas persoais nos 100 e os 50 libres sendo 29º e 34º respectivamente. Na categoría dos 16 anos, Jorge Souto nadou as probas dos 50 e os 100 costas manténdose no seu nivel de marcas para rematar 22º nos 100 e 24º nos 50; nesta mesma categoría Manuel Souto foi 34º nos 400 libres e 37º nos 200 libres sen poder achegarse ao seu mellor nivel. Resultados estes que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. A vindeira cita para os do Fogar será o Nacional Júnior e Absoluto de Verán a celebrar en Málaga do 26 ao 30 de xullo, no que tomaremos parte con Carla Jiménez, Simón Rey e Yoel Suárez.