1 Medalla e 4 récords do club no XLV Memorial Juan Varela


 29 Maio, 2025   Natación 

1 Medalla e 4 récords do club no XLV Memorial Juan Varela

O pasado sábado día 24 de maio de 2025 oito d@s nadadores-as de Carballo e Oleiros (4 mozas e 4 mozos), desprazáronse ata a localidade de Ferrol con motivo da disputa do XLV Memorial Internacional Juan Varela celebrado na piscina dos Batallóns; torneo que baixo a organización do C.N. Marina Ferrol mobilizou a 18 clubs e 240 nadadores e nadadoras de Galicia e Portugal. En canto ao concurso d@s nos@s temos que destacar unha vez máis as actuacións de Alba Lamas (2011), que bateu os récords absolutos do club nos 100 e 200 metros costas e o de 14 anos nos 50 metros costas; a Anxo Fuentefría (2009) que mellorou o anterior rexistro de 16 anos do club nos 200 metros braza e a Martín López, que acadou a medalla de ouro na proba dos 50 metros braza. Por equipos @s nos@ foron 12ª na clasificación feminina, 10º na masculina e 12º na conxunta do club. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados acadados pol@s nos@s nadadores-as nesta edición do Memorial Internacional Juan Varela.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.