No día de onte @s nadores-as Anxo Fuentefría (2009), Carmela Ínsua (2009), Manuel Souto (2007) e Pablo Gil-Rivera (2006), desprazábanse ata Pontevedra para representarnos na XV Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en piscina curta que coincidía tamén coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XXII Campionato de España da modalidade. No desenvolvemento da proba @s nos@s callaron unha moi boa actuación; pola mañá Anxo Fuentefría acadaba a medalla de prata masculina na categoría infantil nos 2.000 metros libres. Na mesma categoría e tamén pola mañá, Carmela Ínsua remataba na 10ª praza. Xa pola tarde na distancia dos 3.000 metros libres, Manuel Souto facíase coa 5ª praza na categoría júnior 1 e batía a mellor marca do club dos 16 anos, mentres que Pablo Gil-Rivera era 4º na categoría júnior 2. Na clasificación final por equipos fomos 4º masculinos, 11ª femininas e 8º conxunt@s dun total de 13 clubs. Podedes consultar os resultados d@s nos@s no apartado de descargas natación desta mesma web.