10 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Inverno


 02 Febreiro, 2023   Natación 

10 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Inverno

Os vindeiros sábado día 4 e domingo día 5 de febreiro de 2023 en sesións de mañá e tarde, 10 nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Inverno que se disputa na piscina do Complexo Deportivo santa Isabel en Santiago de Compostela. O torneo invernal contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 234 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 125 en categoría feminina e 109 na masculina. En canto á nosa representación confórmana un total de 10 nadadores-as, que chegan no seu mellor momento de forma; son 6 nenos e 4 nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 35 probas, 29 a título individual e outras 6 de substitucións por equipos. No apartado descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar pol@s nos@s representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/2047

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.