10 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Verán


 22 Xuño, 2023   Natación 

10 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Verán

Os vindeiros sábado día 24 e domingo día 25 de xuño de 2023 en sesións de mañá e tarde, dez d@s nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Verán que se disputa na piscina municipal de Lieiro en Cervo. O torneo contará coa presenza de 29 equipos e o concurso de 266 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 125 en categoría masculina e 141 na feminina. En canto á nosa representación confórmana un total de dez nadadores-as que chegan no seu mellor momento de forma; son cinco nenos e outras cinco nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 39 probas, 33 a título individual e outras 6 de substitucións por equipos. No apartado descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar pol@s nos@s representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/post/2047.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.