11 medallas e 9 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín


 13 Febreiro, 2024   Natación 

11 medallas e 9 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín

Os pasados 10 e 11 de febreiro nove d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Inverno celebrado na Piscina do Club Fluvial de Lugo. @s nos@s nadadores-as callaron unha destacada actuación rematando na 4ª praza feminina, na 13ª masculina, e na 6ª conxunta por equipos. As 11 medallas do campionato foron desta volta para Noa Ferreiro de 13 anos (4) cos ouros nas probas dos 50 e 100 libres, a prata nos 200 libres e o bronce nos 400 libres; Alba Lamas de 13 anos (3) pratas nos 50, 100 e 200 costas; Carla Giance de 12 anos (1) prata nos 100 estilos e os 3 bronces para as substitución femininas dos 4x100 e 200 libres e os 4x100 estilos que formaron Noa, Alba e Carla xunto a Lucía Fernández. As mellores marcas do club batéronas Noa Ferreiro nos 50, 200 e 400 libres; Alba Lamas nos 50, 100 e 200 costas e as substitucións femininas dos 4x100 e 200 libres e os 4x100 estilos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.