11 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Infantil de Inverno


 16 Febreiro, 2024   Natación 

11 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Infantil de Inverno

Os vindeiros sábado día 17 e domingo día 18 de febreiro de 2024 en sesións de mañá e tarde, once d@s nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Infantil de Inverno que se disputa na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra. O torneo contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 164 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 93 na categoría masculina e 71 na feminina. En canto á nosa representación confórmana un total de once nadadores-as que chegan no seu mellor momento de forma; son sete rapaces e catro rapazas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 46 probas, 40 delas a título individual e outras 6 de substitucións por equipos. No apartado descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar pol@s nos@s representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/post/1074

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.