12 medallas e 10 récords do club para @s do Fogar en Cervo


 22 Febreiro, 2026   Natación 

12 medallas e 10 récords do club para @s do Fogar en Cervo

Esta fin de semana oito d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego de Natación Infantil de Inverno celebrado na Piscina Municipal de Lieiro (Cervo) con 26 clubs e 216 nadadores-as en liza. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha moi boa actuación rematando na 3ª praza feminina, na 24ª masculina, e na 9ª conxunta por equipos. As doce medallas do campionato foron desta volta para Alba Lamas de 15 anos (4), ouro nos 50 e 200 costas, prata nos 100 costas e bronce nos 200 libres; Noa Ferreiro tamén de 15 anos (4), ouro nos 200 libres, prata nos 200 e 400 libres e bronce nos 100 libres; Carla Giance de 14 anos (1) ouro nos 50 costas; ás que hai que sumar os 3 bronces acadados polas remudas femininas dos 4x100 e 4x200 libres e os 4x100 estilos que formaron, Alba Lamas, Carla Giance Lucía Fernández e Noa Ferreiro. Na masculina compre destacar tamén o 8º posto de Rafael Abelenda nos 50 braza, os 10º postos de Abel Antelo nos 200 libres e Mateo Rodríguez nos 100 braza e a 13 praza de Nicolás Mourelle nos 100 braza. As mellores marcas do club batéronas Alba Lamas (6) nos 50, 100 e 200 costas da categoría absoluta e tamén na dos 15 anos, Noa Ferreiro (1) nos 100 libres 15 anos, e máis as 3 remudas femininas no cadro infantil. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar