
Sete foron @s nadadores-as da A.D. Fogar que tomaron parte no Campionato Galego Júnior de Inverno que rematou hoxe á tarde na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense. O torneo autonómico contou coa presenza de 25 clubs e o concurso de 267 nadadores-as. @s nos@s júniors callaron unha boa actuación rematando no 3º posto masculino, na 14ª praza feminina, e no 5º posto conxunto por equipos, ainda sen a posibilidade de nadar as remudas femininas por mor da baixa de última hora dunha das nosas nadadoras.
As doce medallas do campionato foron desta volta para, Manuel López de 16 anos (4), ouro nos 100 bolboreta e nos 200 libres, prata nos 200 bolboreta e bronce nos 50 libres; Carlos Casal de 16 anos (3), prata nos 100 e 200 braza e bronce nos 50 braza; Anxo Fuentefría de 17 anos (2), ouro nos 200 braza e prata nos 100 braza; prata tamén nos 50 braza para Valeria Rodríguez de 17 anos. Ademáis as nosas remudas masculinas foron ouro nos 4x200 libres e bronce nos 4x100 estilos da man de Álvaro Lavandeira, Anxo Fuentefría, Carlos Casal e Manuel López. Compre destacar tamén as cuartas prazas de Álvaro Lavandeira e Carmela Ínsua nos 100 libres e a 7ª praza de Carla Mourelle nos 200 braza. As mellores marcas do club batéunas desta volta Anxo Fuentefría de 17 anos nos 50, 100 e 200 braza. Resultados que podedes atopar xa no apartado de descargas natación desta mesma web.