Os pasados 22 e 23 de febreiro sete d@s nadadores-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiors tomaron parte no Campionato Galego Infantil de Inverno celebrado na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra. Torneo que contou coa participación de 28 clubs e 173 nadadores-as. @s nos@s infantís callaron unha gran actuación rematando na 10ª praza feminina, a 7ª masculina, e a 7ª conxunta por equipos, ainda sen a posibilidade de nadar as remudas femininas. As 14 medallas do campionato foron desta volta para Alba Lamas de 14 anos (4), ouro nos 50 e 200 costas e os 200 estilos e prata nos 100 costas; Carlos Casal de 15 anos (4), prata nos 100 e 200 braza e os 200 estilos e bronce nos 50 braza; Manuel López de 15 anos (3), prata nos 200 libres e bronce nos 100 e 400 libres; Noa Ferreiro de 14 anos (2), ouro nos 100 libres e prata nos 400 libres e Lucía Fernández de 14 anos (1), bronce nos 200 bolboreta. Compre destacar tamén a 4ª praza da remuda masculina dos 4x100 estilos que formaron Diego Souto, Carlos Casal, Manuel López e Álex Yera. As mellores marcas do club bateronas, Alba Lamas nos 50 e 100 costas na idade de 14 anos e nos 200 costas da categoría absoluta e máis Noa Ferreiro nos 100 libres de 14 anos.
A pasada fin de semana Carla Giance participou co combinado galego alevín no Campionato de España de Natación Escolar por seleccións territoriais de Valladolid no que Galicia foi 6ª da clasificación conxunta por detrás de Andalucía, Cataluña, Madrid, Valencia e Baleares. Carla nadou os 100 costas e estilos e a remuda feminina dos 4x100 estilos, probas na que foi 18ª, 14ª e 7ª respectivamente.
Resultados todos eles que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.