O vindeiro sábado día 18 de xaneiro de 2020 desde as 15:30 hs, a Piscina do Club Do Mar de San Amarao na Coruña; será a sede que acolla a 2ª Xornada do Circuíto da Asociación ADAN que celebra xa a súa sexta edición. Para a presente tempada 2019 - 2020 o circuíto, que voltará a contar por terceiro ano consecutivo co patrocinio da AD.Fogar, constará de 3 etapas, repartidas en dúas sedes, Carballo (30/11/2019) e A Coruña (18/01/2020 e 07/03/2019). O circuíto está reservado a nadadores e nadadoras das categorías júnior e sénior co obxecto de aumetar as opcións competitivas nestas categorías, aínda que a cada unha das xornadas poderán acudir como convidados 3 nadadores ou nadadoras infantís por club (máis información en https://circuito.asociacionadan.org/). Nesta segunda rolda que inclúe as probas dos 50 braza, costas e libres, os 100 bolboreta, braza e libres, os 200 costas e estilos, e os 400 libres; contaremos co concurso de 16 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros, das que 7 pertencen á categoría feminina e outros 9 á masculina. A convocatoria dos nosos e a lista de saídas do sábado están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa do circuíto e os resultados da xornada previa desputada en Carballo.