16 Nadadores das categorías infantil, júnior e senior, representarán á AD.Fogar de Carballo e Oleiros os días 3 e 4 de xaneiro de 2019, na 33ª Edición do Trofeo Internacional da Madalena que se celebra na localidade asturiana de Avilés. O trofeo avilesino desenvolverase na Piscina Municipal do Quirinal ao longo de 3 sesións e contará coa participación de 20 clubs que poñerán en liza a un total de 362 nadadores, 200 mulleres e 162 homes. Pola nosa parte viaxan hoxe cara a Astuarias 5 mulleres (Marta González, Nana Suárez, Laura Martínez, Andrea Torrado e Elisa pichel) e 11 homes (Andrés Prieto, David Sancho, Miguel Abelenda, Daniel Pardo, Brais Fraga, Pedro Fraga, Alejandro Méndez, Ángel Tomé, Pablo Negreira, Xoan Toja e Pablo Balsa) entre os que nadarán 48 probas individuáis e 6 remudas. A normativa do XXXIII Trofeo Internacional da Madalena pódese consultar no apartado descargas natación desta mesma web; ademais podedes consultar tamén a convocatoria dos nosos nadadores no arquivo adxunto a esta mesma noticia.