18 nadadores-as acoden mañá ao XVIII Trofeo Cidade de Narón


 26 Novembro, 2021   Natación 

18 nadadores-as acoden mañá ao XVIII Trofeo Cidade de Narón

Mañá sábado día 27 de novembro de 2021, 18 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros representarannos na 28ª Edición do Trofeo Cidade de Narón e 18º Memorial Javier Lago a desputar en horario de tarde na Pileta Municipal da Gándara. Ademais da AD.Fogar e o anfitrión do torneo o CN.Narón, foron convidados outros 6 clubs, o CN.Arteixo, o G.Covadonga, o CN.Ferrol, o CN.Marina, o CNP.Ourense. En canto á participación d@s nos@s, comentar que presentamos un equipo formado por 11 nadadores e 7 nadadoras das categorías infantil, junior e senior que tomarán parte en 35 probas individuais, ademais da substitución por equipos mixtos dos 4x50 libres. Ademais dos trofeos aos 3 primeiros cubes clasificados pola suma do total dos puntos conseguidos, a organización premiará tamén ás tres mellores marcas por táboa FINA, tanto en categoría masculina como feminina. Toda a información referente a este  XXVIII Trofeo Cidade de Narón e XVIII Memorial Javier Lago pode consultarse na páxina do torneo, ademais no apartado de descargas natación desta mesma web tedes a convocatoria de probas d@s nos@s nadadores-as para o evento.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.