Os pasados 27, 28 e 29 de decembro, 12 d@s nadadores-as da AD.Fogar tomaron parte en Santiago no Campionato Galego Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal de Santa Isabel; onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 26 equipos participantes. No referente ás clasificacións por equipos fomos, 14ª femininas, 9º masculinos e 10ªº conxunt@s. Ademais @s nos@s nadaron 8 finais A e 8 finais B acadando 2 medallas de bronce e batendo 1 mellor marca galega e 11 récords do club. Desta volta as 2 medallas de bronce foron para Martín López nas probas dos 50 e os 100 metros braza. No que ás mellores marcas se refire, Anxo Fuentefría bateu a galega de 15 anos nos 200 braza, e as do club nos 50, 100, 200 braza e 200 estilos; Alba Lamas as do club de 13 anos nos 50 e 100 costas e os 50 braza, Carlos Casal a do club de 14 anos nos 100 braza e Noa Ferreiro a do club de 13 anos nos 400 libres. Ademais a remuda masculina do 4x50 estilos que formaron Alberto Fernández, Martín López, Marcos García e Luis Suárez, mellorou tamén o anterior rexistro do club. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.