Desde hoxe xoves día 28 e ata o sábado día 30 de decembro de 2023, 21 nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno en piscina curta a disputar na Municipal da Frigsa en Lugo. O torneo autonómico contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 373 nadadores e nadadoras, dos que 206 son homes e 167 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana un total de 21 deportistas, 7 delas mulleres e 14 deles homes, entre os que nadarán un programa de 72 probas a título individual e 13 substitucións por equipos nas categorías masculina e feminina. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Júnior e Absoluto de Inverno podedes atopala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748; ademáis no apartado descargas natación desta mesma web podedes consultar a nosa convocatoria de nadadores-as e probas.